Que fai 7H?

Creación e Mediación Cultural
A forza motor de 7H está na creación de proxectos artísticos cunha importante base social e asentados no contexto.
A igualdade de xénero e a economía social forman parte desta base de xeito transversal e en tódolos nosos proxectos, nos que nos caracterizamos por favorecer procesos de experimientación artística de xeito colectivo.
Para nós non existen públicos, existen persoas.

No ámbito da creación e a mediación cultural adicámonos ao deseño e elaboración integral de proxectos, actividades, exposicións e eventos culturais, onde a multidisciplinariedade da nosa equipa nos permite atender, de xeito global e minucioso, cada unha das fases dos procesos creativos: deseño conceptual, deseño gráfico, creación artística, mediación cultural e seguimento audiovisual, entre outras.

Alén dos proxectos propios, ofrecemos os nosos servizos a persoas e entidades moi diversas, adecuándonos sempre ás necesidades dos seus proxectos e aportando a nosa experiencia en labores de dirección artística, coordinación e asesoramento.

No noso compromiso por democratizar a cultura e compartir coñecemento apostamos fortemente pola formación especializada e a educación artística, que orientamos ás diversas franxas de idade e capacidades diferentes segundo as necesidades de cada iniciativa.

E, se ben non é a nosa liña de traballo principal, como especialistas en arte contemporánea tamén dispoñemos dunha línea de produción propia, destacando actualmente a nosa área de obxetos ilustrados e fotografía.

Ofrecemos servizos de Arte Contemporánea, Arte Urbana, Ilustración, Audiovisual, Deseño e Educación Artística.

Algún dos nosos proxectos