O pasado mes de agosto, a Mancomunidad de Concellos da Comarca de Ferrol facía por primeira vez unha convocatoría pública para promocionar o destino Ferrolterra-Rías Altas a través do Street Art.

O proxecto Street Art Ferrolterra, que nace coa intención de reflexar a través da arte a realidade e sinais de identidade deste territorio, nacía neste 2016 coa misión de realizar 6 murales en distintos municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, e 7H Cooperativa Cultural resultamos seleccionadas para realizar 4 deles: os de Mugardos, Vilamaior, Narón e Cerdido.

Lara Torres e Sonia García foron as encargadas de transformar o muro xunto a escola da Avispeira de Cerdido. Co obxectivo de desmitificar o temor que se lle ten a este animal e de lembrar a súa función imprescindible na natureza, ambas artistas decidiron convertir ás avespas no transporte escolar de cativos e cativas.

Pola súa parte Noel Pérez (No3l) encargouse de visibilizar e por en valor a importancia e calidade dos productos do propio lugar onde realizaba a súa intervención: o mercado de San Telmo de Mugardos.

Ao Concello de Narón achegouse Diana Rodeiro (Nana), quen co seu fantasiaso e divertido estilo transformou nun paraído acuático o Pavillón do Campo da Serra: deportes, animáis e ata unha sorprendente serea para teñir de mar o polideportivo da Solaina.

street-art-10

Vilamaior foi a última vila que visitamos, onde Lara Torres creou un mural de motivos acuáticos para dar a benvida aos visitantes ás instalacións da piscina municipal. De novo moita auga e un pouco de maxia… como a arte mesma.

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega // 7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

Forgot your details?

Saltar para a barra de ferramentas