O 18 de Marzo inaugurábase na Igrexa da Universidade a exposición work-in-progress Mulleres en Círculo, un proxecto de creación colectiva iniciado pola socia colaboradora Reme Remedios e comisariado  pola socia Clara Rodríguez Cordeiro.

O deseño gráfico da proposta correu a cargo de Cristina Campaña e a documentación fotográfica a cargo de Eva Agra, ambas socias traballadoras.  

A exposición, que forma parte da Bienal Miradas de Mujeres 2016, estaba producida pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Compostela e a cooperativa cultural 7H, e en apenas un mes acolleu 13 actividades (entre conferencias, obradoiros e encontros) e foi visitada por máis de 1.500 persoas

O 14 de Abril  celebraba a súa clausura con distintas performances que sé poderán visualizar no documental que está en fase de edición (a cargo de Alberto Bidarra, de DOSMILVACAS arte)

Mulleres en Círculo, Eva

“Cando as mulleres se reúnen o patriarcado treme”.

Mulleres en Círculo é un proxecto de investigación e experimentación artística que versa sobre as formas de creación que se dan cando as mulleres dispoñen dun espazo para crear conxuntamente. Iniciado en Ponferrada pola ourensá Reme Remedios (Romiña, 1972) chega a Compostela nesta exposición que recolle boa parte dos traballos realizados ao longo deste tempo, ademáis de propiciar un novo espazo de creación colectiva en Compostela, a Cabaña Vermella, no que se implicaron máis de trinta mulleres.

A Cabaña Vermella é un espazo creado desde a sororidade e que funciona totalmente work-in-progress, propiciando o clima e as ferramentas necesarias para que calquera muller se poda convertir en artista.  

En paralelo á exposición realizáronse numerosos obradoiros de caracter gratuito sobre creatividade, muller e feminismo, ademáis de celebrarse dúas charlas sobre arte e muller: Círculos de Mulleres na historia da arte e As Deusas da prehistoria.

O proxecto de Mulleres en Círculo está vivo e continúa alén da exposición.

Mulleres en Círculo 3

Grazas a todas as mulleres que formáchedes o Círculo na Cabaña Vermella de Santiago:

Mulleres en Círculo

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega

todas as imaxes e textos son propiedade dos seus autores

7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

or    

Forgot your details?

or

Create Account

Saltar para a barra de ferramentas