O 27 de Febreiro de 2016 ofreceuse en Do Paraná Espazo Serigráfico Constelacións, unha xornada de estampación en directo impartida por Teofila Noemí Ruiz, directora do espazo-taller e socia colaboradora de 7H Cooperativa Cultural.

Constelacións, workshop de estampación e exposición pop-up, foi a primeira fase do noso Banco de Intercambio de Coñecementos e un proxecto de creación colectivo que serviu para achegar a diseñadorxs, ilustradorxs, artistas e curiosxs á “cociña” e potencialidades da serigrafía e as súas numerosas aplicacións:  artísticas, artesanais, publicitarias…

Como workshop, Contelacións foi unha clase aberta, un encontro técnico e participativo no que os asistentes puideron analizar os proxectos expostos no taller sobre diferentes soportes, a modo de exemplo e inspiración (papel, téxtil, plásticos, cortiza, etc.).

Ademáis de familiarizarse cos diferentes modos de concibir un orixinal apto para reproducir, compartíronse algúns trucos para optimizar orixinais dixitais e finalmente se participou colectivamente do proceso de insolación e estampa do orixinal que Eva Agra deseñou especialmente para o evento.

A constelación resultante de unir en Google Maps as sedes de 7H e Do Paraná, foi o deseño plasmado en máis de cincuenta serigrafías que se realizaron durante o workshop, previa elección do soporte e tinta.

Un mes chegou para que Constelacións, entregadas de xeito gratuito a participantes, socixs, amigxs e outrxs interesadxs, regresaran a Do Paraná intervidas artísticamente por máis de trinta persoas, que crearon coa única limitación de respectar o tamaño do prego.

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega // 7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

Forgot your details?

Saltar para a barra de ferramentas