Blind.Wiki

Blind.Wiki é un proxecto artístico en colectividade que se sustenta no uso dos teléfonos intelixentes como medio de creación e empoderamento, un prototipo de rede cidadá en Internet concibido polo artista Antoni Abad (Lleida, 1956) en colaboración con persoas cegas e/ou con baixa visión.

Iniciado na Academia de España en Roma durante o 2015, Blind.Wiki aspira a converterse nunha rede internacional onde persoas con problemas de visión compartan e comparen o grao de accesibilidade de distintas cidades á vez que crean unha cartografía pública sensorial da que poda benificiarse non só o propio colectivo, se non tamén o resto da sociedade.

Tras o seu paso por Roma Blind.Wiki levouse a cabo no Festival Art&About de Sidney tamén en 2015, e xa no 2016 na 9ª Bienal de Berlín, na Capitalidad Cultural Europea de Wroclaw en Polonia e no Espai d ́arte contemporani de Castelló.

En xullo de 2016 chega por primeira vez a Galicia da man de 7H Cooperativa Cultural, en cooperación coa socia colaboradora Desirée Vidal e co apoio e patrocinio da Cidade da Cultura de Galicia.

Durante case unha semana e cun marabilloso grupo de participantes da ONCE Galicia, descubrimos xunto a Abad as claves de blind.wiki e a xeolocalización, e mapeamos boa parte de Compostela seguindo os itinerarios habituais do colectivo participante.

Grazas a Carmen e Ramón, Antonio, Mario e Damián, Merche, Amelia, Bea, Domingo, Antonio e Dorinda polo seu entusiasmo e a xenerosidade de ensinarnos o que aos videntes nos permanece invisible. Queda moito traballo por facer!

blind-wiki5

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega // 7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

Forgot your details?

Saltar para a barra de ferramentas