PROXECTOS

Mutacións Urbanas

6 artistas + 5 liñas de acción + 7 colectivos sociais + 5 proxectos de creación colectiva + 109 novas voces creativas = unha cidade diferente.

Mutacións Urbanas, I Laboratorio para activar a cidade dun xeito inclusivo foi unha aposta por achegar a creación artística e facilitar a palabra a algún dos colectivos máis invisibilizados das cidades: persoas con enfermidades mentais, en rehabilitación, familias migrantes ou en risco de exclusión social, cativos hospitalizados ou menores trans, foron os protagonistas de 5 laboratorios de creación colectiva coordinados por 6 artistas especializados en mediación.

A través de disciplinas tan dispares como a pintura, o vídeo, a performance ou a escultura en la, activamos Compostela desde a responsabilidade e a implicación social, compartindo a riqueza cultural que se oculta tras a diversidade e descubrindo en cada participante a capacidade artística que todos posuímos. Como resultado de todo o proceso leváronse a cabo cinco intervencións artísticas no espazo público, algunas de carácter efémero e outras destinadas a perdurar no tempo.

Detalles

Organizado en colaboración co Concello de Compostela

Categoría: Creación Artística e Mediación Cultural.

I Edición: Setembro e Outubro de 2016

Servizos: Dirección Artística, Deseño Gráfico, Mediación e Xestión Cultural, Seguimento Audiovisual e Creación Artística

 

 

O proxecto comezou na contorna da biblioteca Ánxel Casal Parcheando a cidade xunto as xentes de Proxecto Home e FEAFES Galicia, con quenes tecimos redes e elaborabamos esculturas con lá seguindo as indicacións da nosa socia Io Morales.

Da man da brasileña Angélica Dass coñecimos Humanae e cuestionamos a Cor carne?, para descubrir xunto as crianzas e maiores da Asociación Centinelas e Planeta Shalom que existen tantas cores como persoas e tantos matices como queramos ver e pintar.

Coa asociación Arelas coma protagonista foi posible Con Luz Propia. Universo Diverso unha performance polo casco vello para celebrar o día Internacional do Orgullo LGBT  A través de globos, flores e pulseiras, guiados polo noso socio Diego Ro.Co., reivindicamos e festexamos unha unha cidade inclusiva na que se acolle a todas tal e como somos.

O cuarto laboratorio tivo lugar na Escola de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago, onde os pequenos e pequenas ingresados esqueceron o ingreso durante unhas horas para crear xunto a Lara Torres e Eva Agra e o seu Fabulatorio, que lles levou a deseñar artísticamente a habitación de hospital ideal, esa coa que mellorar a estadía dos cativos hospitalizados.

Por último, A nova Vida dos Obxectos, un mural realizado entre os usuarios de ASPANAES e a nosa socia Bea Lema, quenes, transformando con pintura uns vellos platos de porcelana destinados ao lixo, outorgaron nova vida tamén a unha triste parede do barrio de Conxo.

 

 


 

Equipa 7H


Coordinación: Eva Agra e Clara R. Cordeiro

Deseño Gráfico: Mauro Trastoy

Fotografía e Vídeo: Eva Agra e Diego RoCo

Mediación Cultural: Eva Agra, Bea Lema, Io Morales, Clara R. Cordeiro, Diego Ro.Co, e Lara Torres.

Creación Artística: Eva Agra, Bea Lema, Io Morales, Diego Ro.Co, e Lara Torres.


#creatividadecooperativa