PROXECTOS

Mulleres en Círculo: a cabaña vermella

O 18 de Marzo de 2016 inaugurábase na Igrexa da Universidade a exposición work-in-progress Mulleres en Círculo, un proxecto de creación colectiva iniciado pola nosa socia colaboradora Reme Remedios.

A exposición, que formou parte da Bienal Miradas de Mujeres 2016, foi producida pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Compostela e a cooperativa cultural 7H, e en apenas un mes acolleu 13 actividades (entre conferencias, obradoiros e encontros) e foi visitada por máis de 1.500 persoas.

Detalles

Cliente: Universidade de Santiago de Compostela

Categoría: Mediación Cultural

Data: Marzo – Abril de 2016

Servizos: Comisariado Artístico, Deseño Gráfico, Mediación Cultural e Fotografía

 

“Cando as mulleres se reúnen o patriarcado treme”

Mulleres en Círculo é un proxecto de investigación e experimentación artística que versa sobre as formas de creación que se dan cando as mulleres dispoñen dun espazo para crear conxuntamente. Iniciado en Ponferrada pola ourensá Reme Remedios (Romiña, 1972) chega a Compostela nesta exposición que recolle boa parte dos traballos realizados ao longo deste tempo, ademáis de propiciar un novo espazo de creación colectiva en Compostela, a Cabaña Vermella, no que se implicaron máis de trinta mulleres.

A Cabaña Vermella é un espazo creado desde a sororidade e que funciona totalmente work-in-progress, propiciando o clima e as ferramentas necesarias para que calquera muller se poda convertir en artista.  

 

 

En paralelo á exposición realizáronse numerosos obradoiros de caracter gratuito sobre creatividade, muller e feminismo, ademáis de celebrarse dúas charlas sobre arte e muller: Círculos de Mulleres na historia da arte e As Deusas da prehistoria.

O proxecto de Mulleres en Círculo está vivo e continúa alén da exposición.

 

 

 

Equipa 7H


Comisariado: Clara R. Cordeiro

Deseño Gráfico: Cristina Campaña

Fotografía: Eva Agra

Mediación Cultural: Eva Agra, Clara R. Cordeiro e Reme Remedios


 

#creatividadecooperativa