PROXECTOS
A I Feira de Economía Social do Concello da Coruña, #TecendoRedes, quixo poñer en valor a Economía Social e a importancia das persoas que a fan posible e para elo contou coa participación de vintedúas entidades de distintos sectores -cultura, servizos, alimentación, construción, consumo e solidariedade- e ofreceu 15 actividades para dar a coñecer o cooperativismo e os seus valores.
Detalles
Categoría: Mediación Cultural e Economía Social
Data: 29 e 30 de Setembro de 2017
Servizos: Dirección Artística, Deseño Gráfico, Mediación e Xestión Cultural, Fotografía e Creación Artística

A división en tres espazos buscaba facilitar a consecución dos tres obxetivos da Feira: visibilizar e difundir outras formas de facer economía e xerar emprego e dar a coñecer os produtos e servizos das entidades participantes, facilitar espazos de encontro profesional e divulgativo en torno a economía social, os seus axentes e a súas particularidades e achegar os valores da economía social e cooperativa ás crianzas da Coruña, fomentando coñecemento e creatividade colectiva.
Estética
As notas de cor a través de fíos e telas seguiron o patrón das cores corporativas marcadas no deseño gráfico.
Equipa 7H
Coordinación: Eva Agra e Clara R. Cordeiro
Dirección artística: Vanesa Santamaría Trinidad
Deseño Gráfico: Juan Pablo Venditti
Fotografía: Marcos Boedo
Mediación Cultural: Eva Agra, Clara R. Cordeiro, Ana Olveira, Vanesa Santamaría Trinidad e Álex Pereira.
Creación Artística: Bea Lema, Vanesa Santamaría Trinidad, Javier Jas Pérez e Juan Pablo Venditti.
#creatividadecooperativa