PROXECTOS

Elas tamén Pintan

Elas tamén pintan é un laboratorio de arte urbana en clave feminista, un achegamento á realidade do graffiti e o street art orientado a coincienciar á mocidade sobre as desigualdades de xénero.

 

A pesar da expansión e aceptación da arte urbana na actualidade, o contexto do street art continúa a ser un territorio fundamentalmente masculino e a presenza de mulleres artistas nas grandes citas da arte urbana minoritaria.

Os estereotipos de xénero, a escasa investigación teórica sobre o fenómeno e o anonimato e a colectividade como características habitualmente unidas a esta práctica artística, fan prioritaria a análise da historia da arte urbana desde unha perspectiva de xénero que, ademáis de visibilizar o traballo das mulleres artistas, axude a potenciar políticas que faciliten e aposten por unha transformación artística da cidade máis igualitaria.

O programa artístico-educativo Elas tamén Pintan, iniciado por 7H Cooperativa Cultural no ano 2017, xurde como resposta a esta necesidade e se posiciona como iniciativa pioneira no noso contexto. Un programa formativo que quere dar visibilidade e recoñecemento ás mulleres artistas do movemento, ao tempo que achegar ás mulleres máis novas ás técnicas desta práctica creativa.

Detalles

Organizado en colaboración co Concello de Compostela

Categoría: Creación Artística e Mediación Cultural.

I Edición: Xuño e Xullo de 2017

Servizos: Dirección Artística, Deseño Gráfico, Mediación e Xestión Cultural, Seguimento Audiovisual e Creación Artística

 

Coñecer, Descubrir e Crear foron os tres eixes principais da proposta, que contou con clases teóricas, roteiros urbanos e obradoiros de creación, durantes os cales se realizaron diversas intervencións efémeras e tres intervencións murais no Centro Xove da Almáciga.

 

 

A primeira edición de Elas tamén Pintan foi posible grazas ao apoio público conseguido durante os Orzamentos Participativos Compostela Decide 2017.

Na actualidade continuamos a traballar no enriquecemento do programa que queremos espallar por toda Galicia.

O colectivo de mulleres artistas que se creou durante o programa continúa activo e crecendo.

 

 

Equipa 7H


Coordinación: Eva Agra e Clara R. Cordeiro

Deseño Gráfico: Juan Pablo Venditti

Fotografía e Vídeo: Eva Agra e Diego RoCo

Mediación Cultural: Eva Agra, Clara R. Cordeiro, Diana Rodeiro “Nana” e Lara Torres.

Creación Artística: Diana Rodeiro “Nana” e Lara Torres.


#creatividadecooperativa