PROXECTOS

Didácticos Audiovisuais

Nun tempo no que unha parte moi importante dos contidos culturais e educativos aos que o alumnado accede está en soporte audiovisual, o programa de Didácticos Audiovisuais do Concello de Santiago de Compostela para centros de ensino pretende axudar a expandir a cultura audiovisual.

 

O programa, coordinado por 7H Cooperativa Cultural e destinado a centros de ensino, nace durante o curso 2016/2017 para axudar a expandir a cultura audiovisual entre os menores galegos e o fai a través de sesións de proxeccións e actividades didácticas organizadas por eixes temáticos, que se traballan tanto mediante o visionado de curtas e films no Auditorio de Galicia, como a través de obradoiros e unidades didácticas elaboradas ad hoc para o programa

Detalles

Cliente: Concello de Santiago de Compostela

Categoría: Mediación Cultural

Edicións: Curso 2016/2017 – Curso 2017/2018

Servizos: Xestión e Mediación Cultural, Deseño Gráfico, Fotografía e Vídeo

 

 

 

Entre os obxectivos do programa destacamos:
.- Achegar contidos audiovisuais ao público escolar dende o punto de vista didáctico, expandindo a súa cultura audiovisual.
.- Poñer a disposición das e dos escolares e docentes pezas/producións fóra da dinámica mainstream de fácil consumo.
.- Establecer pontes entre o audiovisual e outras manifestacións artísticas, como a música.

 

 

 

 

 

Equipa 7H


Coordinación e Mediación Cultural : Diego V. Meizoso

Deseño Gráfico: Juan Pablo Venditti

Fotografía e Vídeo: Aigi Boga

 


#creatividadecooperativa