PROXECTOS

blind.wiki, mapeando o invisible

Blind.Wiki é un proxecto artístico en colectividade que se sustenta no uso dos teléfonos intelixentes como medio de creación e empoderamento, un prototipo de rede cidadá en Internet concibido polo artista Antoni Abad (Lleida, 1956) en colaboración con persoas cegas e/ou con baixa visión

Iniciado na Academia de España en Roma durante o 2015, Blind.Wiki aspira a converterse nunha rede internacional onde persoas con problemas de visión compartan e comparen o grao de accesibilidade de distintas cidades á vez que crean unha cartografía pública sensorial da que poda benificiarse non só o propio colectivo, se non tamén o resto da sociedade.

Tras o seu paso por Roma Blind.Wiki levouse a cabo no Festival Art&About de Sidney tamén en 2015, e xa no 2016 na 9ª Bienal de Berlín, na Capitalidad Cultural Europea de Wroclaw en Polonia e no Espai d ́arte contemporani de Castelló.

En xullo de 2016 chega por primeira vez a Galicia da man de 7H Cooperativa Cultural, en cooperación coa socia colaboradora Desirée Vidal e co apoio e patrocinio da Cidade da Cultura de Galicia.

Detalles

En colaboración coa Cidade da Cultura e Offmuseum

Categoría: Mediación Cultural

Data: 5 ao 9 de Xullo de 2016

Servizos: Mediación Cultural e Fotografía

 

Durante case unha semana e cun marabilloso grupo de participantes da ONCE Galicia, descubrimos xunto a Abad as claves de blind.wiki e a xeolocalización, e mapeamos boa parte de Compostela seguindo os itinerarios habituais do colectivo participante.

Grazas a Carmen e Ramón, Antonio, Mario e Damián, Merche, Amelia, Bea, Domingo, Antonio e Dorinda polo seu entusiasmo e a xenerosidade de ensinarnos o que aos videntes nos permanece invisible. Queda moito traballo por facer!

 

 

 

 

Equipa 7H


Coordinación:Clara R. Cordeiro

Fotografía: Eva Agra

Mediación Cultural: Eva Agra e Clara R. Cordeiro


 #creatividadecooperativa