“Paint-It-Blue. Luis Seoane, cinta pintor e o poder das formas para habitar un museo”

Proxecto de creación colectiva co gallo do Día dos Museos 2017.
De 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00 horas

fb
Inspirados no pensamento aberto e multidisciplinar de Luis Seoane, os artistas urbanos de 7H,  Diana Rodeiro “Nana“, Ernesto de Cicco “Meneoner” e Vanesa “MissHope” Santamaría, crearán en directo unha intervención efémera colectiva en colaboración cos visitantes da Fundación Luis Seoane, asociacións e centros educativos da cidade.

A creación colectiva, que se iniciará paralelamente en distintos espazos públicos da man dos artistas multidisciplinares, tamén de 7H, Carolina Fernández e Félix Fernández, confluirá nunha xornada vespertina que, ademáis do work-in-progress creativo contará cun espectáculo escénico e un networking para artistas e profesionais do eido cultural.

A cinta de carrocero azul (que facilitaremos), a multidisciplinariedade é as manifestacións artísticas de guerrilla son o eixe central dunha xornada de portas abertas no que todas as persoas que queiran achegarse poderán apropiarse do espazo do museo e intervilo con voz propia, acompañados sempre por artistas e educadores que nos axudarán a achegarnos á idea de Seoane de empregar formas atemporais que nos permitan realizar obras auténticamente nosas.

#séguenosorollo

A proposta, que é axeitada para todo tipo de público, comeza en horario de 11:00 a 15:00 coa participación da comunidade educativa da cidade, así como das asociacións e colectivos interesados en participar.

Ás 18:00 horas, como epicentro da xornada, presentarase ‘A habitación azul’. Carolina e Felix Fernández unen os seus universos creativos mesturando vocabularios artísticos como a música, o son, a danza e a performance, nunha narrativa espacio temporal na que relacionarán a cor azul coa intimidade, complementando a creación colectiva principal con outros linguaxes non plásticos, e inspirándonos na recta final do proceso creativo.

A partir das 19:00 horas convocamos á comunidade artística e aos profesionais culturais da cidade a presentarse e presentar os seus proxectos no Faladoiro, un espazo de encontro no que partillar e crear redes, o que parece imprescindible para continuar creando comunidade e futuro en Galicia. A arte, como pensaba Seoane, é imprescindible para transformar a realidade, e agardamos que se nos lees, nos acompañes nesta tarefa… #séguenosorollo

0 Comments

Leave a reply

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega

todas as imaxes e textos son propiedade dos seus autores

7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

or    

Forgot your details?

or

Create Account

Saltar para a barra de ferramentas