Ana Gil e MicroBios presentan ‘Apariciones’ na Chan da Pólvora

Coa chegada de xuño MicroBios trasládase a Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), para mostrar o resultado desta VI residencia artística! …Hai segredos que só poden contarse a quen vai poder entendelos. O programa de residencias artísticas de MicroBios  xurde en 2016 como medio para difundir o traballo artístico das socias e socios cooperativistas, tentando fomentar…

Details

Cidade Creativa

O próximo 30 de Marzo temos unha cita na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia! Pero que é #CidadeCreativa? #CidadeCreativa quere ser un mercado de creación diferente, un punto de encontro para que os que traballamos no eido creativo e cultural podamos dar a coñecer os nosos produtos e servicios dunha forma máis…

Details

Mutacións Urbanas

Coa chegada de Setembro arranca Mutacións Urbanas. I Laboratorio de Creación para activar a cidade dun xeito inclusivo, un proxecto propio de 7H que, grazas á convocatoria de subvencións abertas da Concellería de Acción Cultural, nace coa colaboración do Concello de Santiago. Nesta ocasión o deseño gráfico correu a cargo do noso socio Mauro Trastoy. Pero, que é…

Details

Blind.Wiki, mapeando o invisible

Blind.Wiki é un proxecto artístico en colectividade que se sustenta no uso dos teléfonos intelixentes como medio de creación e empoderamento, un prototipo de rede cidadá en Internet concibido polo artista Antoni Abad (Lleida, 1956) en colaboración con persoas cegas e/ou con baixa visión. Iniciado na Academia de España en Roma durante o 2015, Blind.Wiki aspira a converterse nunha rede internacional onde persoas con problemas de…

Details

Workshop de Serigrafía

WORKSHOP DE ESTAMPACIÓN CON 7H EN DO PARANÁ, ESPAZO SERIGRÁFICO. Do Paraná Espazo Serigráfico e 7H Cooperativa Cultural ofrecen unha xornada de estampación en directo, para que diseñadorxs, ilustradorxs, artistas e curiosxs poidan coñecer de primeira man a “cociña” e potencialidades da serigrafía, concibida como Arte Gráfica e as súas numerosas aplicacións: artísticas, artesanais, publicitarias… Será impartida por Teófila…

Details

Que son os Proxectos de Impacto Social?

Un dos propósitos fundamentais de 7H é promover, defender e apoiar na medida do posible unha serie de proxectos artísticos nos que prevalece a implicación social e a solidariedade sobre o interese económico. Son os que denominamos Proxectos de Impacto Social: propostas artísticas indispensables para divulgar a importancia da creatividade na sociedade e que actualmente non logran desenvolverse noutro tipo de…

Details

Subasta NOVENTA metros (MÁIS) de COR

GA/ES Este sábado celebraremos en Espazo NOVENTA a subasta solidaria NOVENTA metros (MÁIS) de COR, destinada a recaudar fondos para transformar cromáticamente as habitacións grisáceas de pediatría do Hospital Clínico de Santiago. Máis de 30 ilustradores colaboran na subasta aportando pezas orixináis;  si non vos puiderades achegar este sábado ao Espazo NOVENTA, entre as 19 e…

Details

MicroBios na TEDxGalicia

O pasado 19 de Setembro inaugurábamos no marco do TEDxGalicia, na Cidade da Cultura, o noso primeiro proxecto colectivo. Un novo espazo, MicroBios, e unha exposición diferente, que anunciamos soamente a través das redes sociais e con moito misterio. Contrario ao habitual, a inauguración de ‘Habitar ou (a)fogar’ chegou sen roldas de prensa ou grandes…

Details

Así foi… EAN5

A semana pasada adiantabámosvos a nosa presenza no EAN5. E 4 días despois da súa fin, podemos confesarvos que aínda estamos embarulladas co intenso desta experiencia, que non podemos máis que recomendarvos se aínda non a vivístedes. O encontro de artistas novos (EAN) é unha iniciativa da Cidade da Cultura que, dirixida por Rafael Doctor…

Details

Pont-Up Store

Do 22 ao 25 de Setembro terá lugar en Pontevedra a II edición da Pont-Up Store, unha iniciativa de apoio a novos emprendedores que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade. No marco da celebración do 25 aniversaio da Universidade de Vigo e o impulso do Campus Crea este encontro é…

Details

7H no EAN5

Coa chegada de setembro comeza a posta de largo de 7H, e por aquí xa andamos quecendo motores para o EAN5! Mañán mesmo arranca por fin a nova edición do Encontro de Artistas Novos que, por quinto ano consecutivo, convertirá a Cidade da Cultura nun espazo de diálogo para creadores emerxentes. Cinco días de convivencia e…

Details

theISOFamily

TheISOfamily é unha familia fotográfica virtual que se empezou a xestar a finais de 2013 por obra e graza de Iratxe Goikoetxea e Tino García (nai e pai). Unha familia virtual porque nace nunha feria de arte en Vitoria-Gasteiz, pero convive dende entón en distintas provincias: en Álava pai, e en Ponferrada nai. Para rizar…

Details

Por que 7H?

Camiñando cara a fin de semana decidimos dar resposta a unha das grandes dúbidas sobre a nosa cooperativa cultural: por que 7H? A verdade é que os nomes son unha cousa curiosa, e todas as historias teñen un principio. A nosa comezou nun local en desuso no centro comercial Area Central, onde entre xuño e…

Details

III Encuentro Artistas En Red

Dentro de una semaniña visitaremos unha terra na que temos moitxs amigxs e que nos gusta moito: O Bierzo! Viaxaremos a Cacabelos para participar no III Encuentro de Artistas en Red que se celebra por terceiro ano consecutivo no Museo M.A.R.CA de Cacabelos.   Recomendámosvos botarlle un ollo ao programa, dentro do cal participamos na segunda mesa…

Details

Ana Gil, artista plástica

Ana Gil (Ourense, 1973) é licenciada en Filoloxía Hispánica e doutora en Belas Artes. 7H- Benvida Ana. As túas dúas vocacións son a palabra escrita e a creación artística, traballas con elas por separado ou desfrutas máis empregándoas coma unha simbiose? Ana Gil- As interferencias poden aportar un factor sumativo e ás veces, poden resultar claramente nocivas. Nos…

Details

Cambiar as Regras do Xogo…

Fai xusto unha semana celebrábamos no centro de emprendemento o I Encontro sobre precariedade laboral e malas prácticas no sector cultural galego. Partindo dos resultados provisionais da nosa enquisa sobre a realidade das ‘industrias’ culturais en Galicia (aínda en activo), reunímonos máis de vinte profesionais preocupados pola sustentabilidade económica do noso sector. Aquí vos traemos un pequeno…

Details

Io Morales Actante Dourada

Hoxe presentámosvos á persoa que está detrás de Actante Dourada, un proxecto artístico onde conflúe unha maneira diferente de entender a escultura- a través dun medio tan menospreciado como é o ganchillo- e a cultura pop. 7H – Ante todo benvida a 7H, Io Morales, podes contarnos un pouco máis sobre como naceu e que…

Details

Asembleas Ugacota, Ucetag e Sinerxia

O pasado 23 de maio tiveron lugar en Vigo, no colexio Possumus, as asembleas xerais das entidades representativas do cooperativismo galego Ugacota, Ucetag e Sinerxia. 7H como cooperativa asociada a Ugacota que é acudiu tamén co ánimo de participar nas asembleas e coñecer máis a fondo as demáis cooperativas. Tras unha longa mañá de debates…

Details

#SaveGenderMuseum

Se algo non podía faltar na nosa visita ao Zinc Shower era #SaveGenderMuseum. Armadas (grazas a Xela) co noso selo de tinta handmade e coa lei na man (un selo de tinta non desacredita o valor do billete nin supón ningunha ilegalidade) preparámonos a practicar en Matadero Madrid o que xa dimos en chamar terrorismo cultural. A nosa…

Details

7H na Zinc Shower 2015

Os pasados 8 e 9 de Maio viaxábamos a Madrid para participar na edición anual do Zinc Shower! E a pesar de que fixemos os deberes como todo o mundo nos recomendou, era a nosa primeira visita a este espectacular meeting show e foi imposible participar de tódalas actividades que nos tivera gustado (había máis de…

Details

Zinc Shower 2015

Chegou o día: xa vos podemos contar que xusto dentro dun mes estaremos no Zinc Shower! E que é o Zinc Shower? … en serio? Zinc Shower é o maior evento profesional da Economía Creativa e Colaborativa, e celebra a súa terceira edición o próximo mes de Maio en Matadero Madrid. Dende 7H estamos moi contentas porque participaremos…

Details