Lara Pintos

CREACIÓN E EDUCACIÓN ARTÍSTICA

artes plásticas

Como artista interésanme case sempre os mesmos temas, pero preocúpame como vou facelos. Penso que ser artista plástico é un oficio, necesitas moito tempo para facer un traballo de calidade.

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2010, realiza os seus estudos en Pontevedra e en Madrid.

A súa formación artística comeza na EASD Pablo Picasso da Coruña, onde se titula en Ilustración, comezando a realizar os seus propios proxectos expositivos e colaboracións editoriais.

Entre 2010 e 2011 goza da bolsa da Fundación Antonio Gala para mozos creadores en Córdoba, onde leva a cabo o seu proxecto multidisciplinar “Recuerdas de una silla”, que expuxo na Fundación Tres Culturas de Sevilla e nas galerías Sargadelos da Coruña e Ferrol.

A súa obra gañou varios concursos como o I Premio Artes Plásticas Galiza Crea en 2014 ou o XIII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo da Deputación da Coruña e foi seleccionada noutros como o Certame Pintura Nova Ibercaja 2015, a Bienal Internacional de Arte de Cerveira (Portugal) ou o Arte Jove-n da Fundación María José Jove, expoñendo amén en colectivas como Técnica Mixta do MAC, Torremanía do Concello da Coruña ou Regalarche da Galería Cuatrodiecisiete en Madrid.

Así mesmo, compaxinou estes proxectos coa súa faceta como ilustradora e educadora impartindo talleres infantís nas Bibliotecas da Coruña e desenvolvendo outras experiencias docentes como a a/r/tography, tras titularse en 2012 no Máster de Profesorado de Educación Artística na UDC.

Actualmente, está centrada na produción pictórica no seu taller da Coruña.

 Lara Pintos     

Vive e Traballa en A Coruña

larapintos@gmail.com

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega

todas as imaxes e textos son propiedade dos seus autores

7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

or    

Forgot your details?

or

Create Account

Saltar para a barra de ferramentas