Io Morales Actante Dourada

Hoxe presentámosvos á persoa que está detrás de Actante Dourada, un proxecto artístico onde conflúe unha maneira diferente de entender a escultura- a través dun medio tan menospreciado como é o ganchillo- e a cultura pop.

Robert Plant de Led Zeppelin

Robert Plant de Led Zeppelin

7H – Ante todo benvida a 7H, Io Morales, podes contarnos un pouco máis sobre como naceu e que significa para ti Actante Dourada?

Io – Pois como adoita suceder con moitas cousas na vida a miña relación co ganchillo surxiu de maneira fortuíta, cando rematei os meus estudios no Mestre Mateo intentei montar un taller na casa, pero dou fé de que é algo tremendamente sucio e complicado de compaxinar senon tes un espacio específico ( recordo a miña nai queixarse de restos de escaiola e barro por toda a casa )  e debeu ser por aquel momento máis ou menos cando descubrín o mundo do amigurumi, que nin máis nin menos supoñia a creación de elementos volumétricos realizados en ganchillo, a idea fascinoume e ademáis supoñía poder desarrollar a miña actividade cunha porcentaxe de suciedade ” mínima” hahaha…  Así foi como quedei rendida á orixinalidade que supoñía o uso do fío e das técnicas tradicionais de tecido como material escultórico. Xa era unha namorada do Pop Art e do estilo Naif pero no momento en que vin a posibilidade de fusionalo con algo para min tan alucinante como o Soft art xa quedei prendada sen remedio e aquí estamos ata o día de hoxe…

7H- Como aprendiches a técnica do amigurumi? Que destacarías sobre esta técnica e que foi o que che impulsou a facela túa como marca de identidade?

Io- A técnica do amigurumi en sí é bastante sinxela, adóitase utilizar o punto básico do ganchillo , punto baixo que se lle chama, e se traballa en espiral ou lineal para así crear despois do recheo e cosido das mesmas, unha forma volumétrica completa. A técnica descubrina gracias a Google imaxes e o seu poder globalizador hahaha, pero foi miña nai a que dende pequena me ensinou o básico do mundo do ganchillo e a calceta. Unha parte que penso que é fundamental e que fai tan atractivo o Fiber art é a dicotomía aparente que surxe entre o mundo do arte e da artesanía, do ámbito privado e do público, do que se supón que son os procesos escultóricos e dos que non, e do tamén do feminino frente o canonizado ( o masculino). A visión do arte como algo aberto, transversal e multidisciplinar penso que é sinxelamente algo marabilloso.

Princesa Leia

Princesa Leia

7H – Algún/ha artista de referencia co que te sintas identificada ou que sexa a túa fonte de inspiración?

Io – Artistas que teña agora mesmo no meu pensamento son Patricia Waller, Joana Vasconcelos ou Anna Walz.

7H – Polo seu coidado e detalle sería un erro calificar de simples bonecos ás túas esculturas en fío: adoitas crear máis libremente ou sobre todo por encargo? Lembras algunha que fose especialmente complicada de crear?

Io – A verdade é que non deixan de ser bonecos, hahaha, unha das cousas que parecen canonizadas na Escultura é a necesidade de traspasar certas escalas, eu optei por ceñirme á pequena escala por un problema de tempos, isto permíteme xerar a maioria das ideas que se me pasan pola cabeza( que non son poucas hahaha) nun espacio de tempo razoable. Tanto creo por encargo como por iniciativa propia, a verdade é que disfruto moito máis cando fago eu os meus propios deseños, pero supoño que iso nos pasa a tódolos creadores. A miña primeira obra, un Golden Retriever sevillana,  que foi para un certame de fundas kitsch, penso que é un bo exemplo de como desenvolvo esta actividade, que é dunha maneira tremendamente particular e persoal e sempre, sempre con moito humor.

Primeiro amigurumi de Io Morales

Primeiro amigurumi de Io Morales

7H – E por último, as túas pezas teñen sido premiadas e expostas en diversas ocasións, destácasnos algunha?

Io – Coa funda kitsch para termo quedei de segunda no I Certame de fundas Kitsch que organizou Dudúa, este ano a miña versión de Darrell Dimebag salíu na Billboard Magazine e participei cunhas pezas na Exposición Mundial de Amigurumi en Nova York.

Dimebag Darrell

Para máis información:

 Blog

Facebook

actantedourada@gmail.com

0 Comments

Leave a reply

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega

todas as imaxes e textos son propiedade dos seus autores

7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

or    

Forgot your details?

or

Create Account

Saltar para a barra de ferramentas