Inscricións abertas para Elas tamén Pintan!

elas-tamen-pintan_final

Abrimos inscricións para Elas tamén Pintan, obradoiro sobre arte urbana seleccionado nos Orzamentos Participativos Compostela Decide 2017!

A pesar do boom que está a experimentar a arte urbana na actualidade, o contexto do graffiti continúa a ser un territorio fundamentalmente masculino. Sen embargo, a transformación artística da cidade non pode, nin debe, ser só cousa de homes.

Basta unha simple revisión á historia da arte para atoparnos con numerosas mulleres adicadas á pintura mural e a arte urbana. E o noso territorio non é unha excepción: contamos actualmente con numerosas graffiteiras e muralistas en Galicia, algunhas recoñecidas xa a nivel internacional e outras que comezan a dar os seus primeiros pasos destacando nos principais festivais de arte urbana do país. Sen embargo, o grado de visibilización destas artistas e as oportunidades públicas son moito menores, e cando se fala de graffiti continúase a pensar en vandalismo e/ou aficións (música, deporte, moda) maioritariamente masculinas.

Elas tamén Pintan pretende dar visibilidade e recoñecemento as nosas artistas locais ao tempo que se visibiliza ás numeras mulleres na historia da arte urbana e se fomenta esta práctica entre as mulleres máis novas, principáis destinatarias do proxecto.

O obradoiro, que comezará o próximo xoves 22 no Centro Xove de Creación Cultural (rúa do proxecto Vagalume, nº2), está organizado polo Concello de Santiago de xeito que non ten custe de inscrición, e terán prioridade na mesma as mozas e mozos (entre 16 e 30 anos) empadroados en Compos, se ben se atenderán outras solicitudes de non cubrirse as prazas dispoñibles.

Máis info e inscricións en dptoxuventude@santiagodecompostela.gal ou no 981 543 001.


Datas e Horarios Dispoñibles


Bloque 1.

22, 29, 30 de xuño e 6, 7, 13 e 14 de xullo.

Grupo 1 de 16 a 18 horas.

Grupo 2 de 18 a 20 horas.

Bloque 2. 

Grupo 1A. 20 e 21 de xullo de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

Grupo 2A. 22 e 23 de xullo de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

Grupo 2B. 27 e 28 de xullo de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

Grupo 1B. 29 e 30 de xullo de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.



Docencia: Eva AgraClara Rodríguez CordeiroDiana Rodeiro e Lara Torres

Deseño de cartaz: Juan Pablo Venditti

Un proxecto de 7H Cooperativa Cultural organizado pola Concellería de Mocidade do Concello de Santiago

0 Comments

Leave a reply

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega // 7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

Forgot your details?

Saltar para a barra de ferramentas