• Democracia e Equidade

  • Axuda Mútua

  • Responsabilidade

  • Igualdade

  • Solidariedade

Que é 7H?

A cooperativa

7H Cooperativa Cultural é un proxecto de autoemprego colectivo no que apostamos pola economía social e a fórmula cooperativa por ser ésta un modelo de xestión empresarial centrado nas persoas e no compromiso coa comunidade.

Como sociedade cooperativa de traballo asociado, 7H nace ao amparo do Premio Emprende Gaiás-Sixto Seco 2014 á mellor idea empresarial creativa e, desde a nosa constitución o 16 de Marzo de 2015, traballamos conxuntamente para crear proxectos propios cunha importante base social e artística, colaborando á vez con moi diversas entidades para ofrecer unha programación cultural responsable, innovadora e de calidade.

Conformada por creadoras, axentes e educadoras de moi distintas disciplinas, a nosa equipa cooperativa é heteroxénea e multidisciplinar, e apoiándonos cada día nesta riqueza que nos diferencia, traballamos colectivamente na creación de proxectos globais por e para as persoas. O que en 7H definimos como #creatividadecooperativa!

Polo noso traballo como entidade de economía social recibimos, da man do Consello Galego de Cooperativas e a Xunta de Galicia, o Premio aos Valores Cooperativos no ano 2016. .

As persoas

As nosas redes

A intercooperación e o interese pola comunidade son dous dos nosos piares, e por iso participamos naqueles foros ou espazos que axudan a traballar por unha sociedade mellor.

7H Cooperativa Cultural é socia da Unión de Cooperativas Espazocoop, onde unha das nosas socia forma parte do seu consello reitor. Tamén formamos parte de AIS O Peto, asociación de interese solidario que autoxestiona e promove unha forma de aforro e de investimento ético, así como da cooperativa de servizos financeiros Coop57, onde un dos nosos socios forma parte da comisión técnica.

Desde o 2017 apostamos tamén pola enerxía de orixe renovable e nos unimos a Nosa Enerxía para producir os nosos bens e servizos con enerxía verde.

Contacta con nós

Email:                                            Teléfonos:
7Hcoop@7Hcoop.es                      881 978 756 / 637894033

Dirección:
Avenida de Romero Donallo nº45, Galerías Praza do Ensanche local 76