Cidade Creativa

web_7h

O próximo 30 de Marzo temos unha cita na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia!

Pero que é #CidadeCreativa?

#CidadeCreativa quere ser un mercado de creación diferente, un punto de encontro para que os que traballamos no eido creativo e cultural podamos dar a coñecer os nosos produtos e servicios dunha forma máis vivencial que o que permiten os tradicionais ‘networkings’, e onde ademáis de visibilizar ás máis de 50 empresas que diaramente convivimos no Centro de Emprendemento Gaiás – CEM se podan establecer sinerxias entre emprendedores, axentes e cidadanía.

Arte, artesanía, música, deseño, artes vivas, creación multidisciplinar e intercambio de coñecementos serán os eixes centrais desta cita á que todxs estades convidadxs, e que contará con dóus tempos: xornada de mañá e comida para profesionais e xornada de tarde aberta ao público.

Programación

≠ 11.30 Inauguración institucional.

≠ 12.00-14.00 BIC Express: comparte a túa experiencia!

Un networking diferente, no que en vez de falar do que facemos convidamos ao resto a facelo con nós! Unha versión do Banco de Intercambio de Coñecementos en funcionamento no CEM dende o 2016. Pero, que é?

O Banco de Intercambio de Coñecementos (BIC) é un sistema económico polo cal a moeda de cambio e de valor é sempre a mesma para todos: o saber. O BIC ten como obxetivo desenvolver, crear e protexer espazos de intercambio e transmisión libre de coñecementos, potenciar o saber como un ben común que permita seguir aprendendo, e atopar estratexias máis eficaces que desemboquen en novas formas de comunicación, formación ou participación cidadá.

cultura-emprendemento-6

Nesta versión express 5 empresas do CEM compartirán a súa experiencia con aqueles asistentes interesados. Inscripción en: 7Hcoop@7Hcoop.es

A importancia de crear o teu discurso profesional por Concha Diéguez de Reverso Comunicación, Cultura e Lingua.
Explorando o camiño ao éxito por Beatriz G. Cibreiro de ComuniArte.
Minimasterclass de iluminación por Andreu Romaní de Andreu Romaní Fotografía.
Se te sintes ben, traballas mellor: ergonomía e saúde na contorna laboral por Andrea Tapias de MásQuePapel.
Impresión manual sobre madeira por Isabel Pernas de Quenindiola.

≠ 16.30 Apertura xeral de portas: comezo público de #CidadeCreativa.

Visita o noso mercado diferente e participa das performances, photocalls e demáis sorpresas que as empresas do CEM prepararon para a xornada. Participan:

Actante Dourada / AGPXC Xestores Culturais / AJE A Coruña / Eva Agra / B-Ride Banana / Helen Bertels / Marcos Boedo / Blockhead / ComunicArte / Correveydile / Reina D’Hoore / Nuria Díaz / Do Paraná / Carolina Fernández / David Fidalgo Omil / Five Sensation / Galix / Iki FindikInstituto de Medios Sociales / IUNI consulting / Jean Fixx / Galiwonders / Jas&Fixx / Juanma LoDo / Luís Magarinhos / Más Que Papel / My Mom Did It (Marisa Martorell) / Nana (Diana Rodeiro) / No3l / Paripepop / Jas Processor / Quenindiola / Reverso / ReEvoluciona (Marcos López)Andreu Romaní / Sar Cerámica / Diana Sieira / Adrián Taracido / Lara Torres / Urco EditoraDiego V. Meizoso / Esther Xeix

≠ 16.30-18.30 Aprende a realizar o teu “pussyhat” dende cero!  So precisas traer un novelo e as agullas acorde a el, a nosa socia Io Morales pon o resto!

Pero aínda non sabes que é o Pussyhat project? O pussyhat é unha iniciativa xurdida en América como resposta ao grab them from the pussy (agarralas pola cona) que escoitaron dicindo a Trump nas infames gravacións destapadas durante a campaña. Dende entón xa van tecidos miles de gorros… súmaste? Agardámosvos!

pussyhatcartel

En paralelo haberá actuacións/performance de Diana Sieira, Helen Bertels, Caroline Fernandez…; así como showroom de proxectos, creación en directo, postos de información e moito máis!

≠ 18.30-19.30 O Goteo Creativo: rolda de presentacións en formato Pecha-Kucha (20 imaxes x 20 segundos). Preséntanse: Asociación de Xestores Culturáis / BlockHead / Gálix / Luís Magarinhos / Más Que Papel / Mulleres Bravas de Urco Editora / Nana Art / Paripepop / ReEvoliciona / Diego V. Meizoso

blockhead-cidade-creativa

≠ 19.30 Live Set Juanma LoDo.

Juanma LoDo ábrenos o seu estudio e déixanos probar os seus instrumentos electrónicos para crear música de todos os estilo. Anímate a xogar e faite DJ!

≠ 20.00-22.00 Set DJ. Jas Processor / JEAN FIXX / Jas & Fixx

A guinda final de Cidade Creativa será unha gran festa sonora e performática deseñada para a xornada polos artistas multidisciplinares Jas & Fixx. Constará de:

– Jean Fixx Dj Set
– Jas Processor Dj Set
– Jas&Fixx Live Set

jas-fixx-cidade-creativa

[22.00] Peche de Cidade Creativa.

1 Comment
  1. […] de lá e o pixama postos. O día despois tiven o pracer de participar na primeira edición de #CidadeCreativa un mercado de creación diferente organizado por 7H cooperativa cultural e foi tranquilamente unha […]

Leave a reply

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega // 7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

Forgot your details?

Saltar para a barra de ferramentas