Cambiar as Regras do Xogo…

Fai xusto unha semana celebrábamos no centro de emprendemento o I Encontro sobre precariedade laboral e malas prácticas no sector cultural galego.

encontro 7H_1

Partindo dos resultados provisionais da nosa enquisa sobre a realidade das ‘industrias’ culturais en Galicia (aínda en activo), reunímonos máis de vinte profesionais preocupados pola sustentabilidade económica do noso sector.

Aquí vos traemos un pequeno resumo do intenso debate xerado e inconcluso por falta de tempo (que non de ganas!) pero no que xa se poden destacar varios puntos sobre os que comezar/seguir traballando:

A primeira parte do encontro xirou en torno á pouca valoración e aos numerosos estereotipos que das nosas profesións (como actividade laboral) se ten na sociedade, e da ausencia total (en España) dunha educación cultural e creativa que leve a superar a forte brecha existente entre arte/cultura e sociedade.

Las organizaciones culturales españolas no han sabido contarle a la sociedad en qué manera sus acciones transforman la realidad de manera efectiva. […] Es necesario hablar de lo que hace que la cultura sea esencial en la vida de las personas, lo que hace que, sin cultura, el único futuro posible sea la barbarie. Pilar Gonzalo de Compromiso Empresarial.

 Asumindo a importancia das nosas profesións á hora de atender unha das necesidades básicas do ser humano (a emocional) dialogouse sobre a necesidade de recuperar a cercanía social e voltar as ‘orixes da cultura’, aloxándonos o máximo posible de ideas tan elitistas (e aínda en vigor) como que a arte é un privilexio para reducidos grupos intelectuais.

O noso compromiso social prantexou, así mesmo, preguntas tales como se é posible que unha empresa sen ánimo de lucro sexa sustentable economicamente. Ao que se intentou dar resposta a través da economía social e cooperativa.encontro 7H_7

Destacouse, por outra banda, a importancia de potenciar a nosa propia profesionalización usando unha boa estratexia de marketing e deixando de lado o discurso da subxetividade -que tan pouco nos axuda- para intentar artellar un sistema sustentable que nos permita falar (con sentido) da existencia dunha industria cultural e creativa no noso país.

Tamén se puxo de manifesto a necesidade de traballar na creación dun código de boas prácticas consensuado, que sirva de base para superar as malas prácticas ás que nos enfrentamos a cotío e que incluso aceptamos como medio de (posible) subsistencia.

Máis se dun tema se discutiu sen chegar a un consenso foi sobre o da tutela e/ou implicación por parte do estado. E mentres unha parte defendía o fundamental de que o estado tome consciencia da importancia económica da cultura e a apoie investindo nela, outra se posicionaba totalmente en contra, destacando o perigo dunha tutela partidista e variable a cada cambio de goberno.

Como resumo final, e independentemente destes puntos de desacordo, quedou patente que para sobrevivir á crise actual (e non soamente á económica) o sector cultural debe apostar pola comunidade, legalizar a situación dos seus profesionais (algo básico para dignificalos) e construír unhas canles de comunicación activas e eficaces que permitan exercer presión ante as administracións e recoñecer as nosas problemáticas e solucións comúns.

encontro 7H_5

 

0 Comments

Leave a reply

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega // 7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

Forgot your details?

Saltar para a barra de ferramentas