Ana Gil e MicroBios presentan ‘Apariciones’ na Chan da Pólvora

MicroBios Chan da Pólvora

Coa chegada de xuño MicroBios trasládase a Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), para mostrar o resultado desta VI residencia artística!

…Hai segredos que só poden contarse a quen vai poder entendelos.

O programa de residencias artísticas de MicroBios  xurde en 2016 como medio para difundir o traballo artístico das socias e socios cooperativistas, tentando fomentar un contexto de traballo de calidade e un uso múltiple e libre do espazo, que se poida adaptar ás necesidades de cada creativo/a independentemente da disciplina á que se adiquen.

Debido ao reducido continente do noso peculiar espazo artístico e para facilitar a maior comodidade das e dos artistas convidadxs, é MicroBios quen reside na casa ou estudio das e dos participantes, e non a inversa. E do mesmo xeito que cada artista escolle medio e espazo de traballo, escolle tamén contexto expositivo, e para 7H é un honor poder colaborar con Chan da Pólvora con motivo da VI residencia en MicroBios protagonizada pola nosa socia Ana Gil.

Dende xa podedes achegarvos a súa obra na libraría Chan da Pólvora  e o mércores día 14 partillaremos e celebraremos en torno a exposición coa propia artista, que nos presenta a mostra así:

A agonía da aprendizaxe levoume, anos despois da época dos segredos gardados, a elaborar un relato fotográfico sobre a exposición da debilidade a través dos retratos concibidos para a serie “Apariciones” (2016). Trátase dun retablo enmarcado, ao carón da vida demente e gastada dalgúns dos individuos máis invisibles da sociedade, que sobreviven na resistencia detrás das súas roupas feas e vellas. O meu traballo fotográfico xira ao redor do visible fronte ó invisible, ós conceptos do simulacro e aos artificios do disimulo como forma de supervivencia. A cara visible dos orixinais fotográficos, é retocada tan só mediante o procedemento da sobreexposición, para ofrecer a súa cara non visible: a dor e o exercicio da loita que presento como aparicións desposuídas de contido místico. O resultado obtido mediante a sobreexposición técnica da pel ou do espazo destes personaxes, permite no plano simbólico ó renacemento do mundo interior do protagonista, grazas ao xogo enganoso do visible e do invisible, do exposto e do subexposto, en definitiva, sobre a inmensidade da súa soidade.

Ana Gil é Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo e socia colaboradora de 7H Cooperativa Cultural.

 

0 Comments

Leave a reply

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega

todas as imaxes e textos son propiedade dos seus autores

7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

or    

Forgot your details?

or

Create Account

Saltar para a barra de ferramentas