7H no III Encuentro de Artistas en Red

O pasado sábado día 11, xusto na data de aniversario da festa de clausura de Local Dispoñible (onde todo isto comezou!), visitamos o Museo Arqueolóxico de Cacabelos  para contar a nosa experiencia como cooperativa cultural.

EAR_01

O Encuentro de Artistas en Red é un evento anual organizado pola propia directora do M.AR.CA., Silvia Blanco, e a xestora e artista Paula Cabaleiro, e aínda que nace en 2013 como encontro aberto e puntual entre os artistas galegos e leoneses presentes na exposición Artistas en Red (DOSMILVACAS arte, Ponferrada, 2013), intenta converterse cos anos (e as edicións) en toda unha plataforma de conexión entre artistas e axentes culturais.

“Breakfast Accumulation” de PAULA QUINTAS

Performance “Breakfast Accumulation” de PAULA QUINTAS

Esta III edición organizouse mediante dúas mesas de debate (Museos e Redes, con Amelia Aguado e Araceli Corbo; e Creación e Redes, con 7H e Asociación ADOS), un foro de presentación de proxectos artísticos (Laura Tabarés, Raúl Lorenzo Pérez, María José Dominguez, Mónica Mura, Miguel González Cabezas, Simon Haywood e theISOfamily) e un programa de performances con catro interesantes intervencións (Breakfast Accumulation de Paula Quintas, “S/T” de Simon Haywood, [Pepinillos en vinagre] de Adriana Pazos e Iria Acevedo e Sa Diosa de Mónica Mura).7H no III encuentro de artistas en red

 

Como vos adiantábamos a semana pasada, 7H fomos invitadas a participar na mesa sobre Creación e Redes (“CREACIÓN Y REDES. Colectividades, asociacionismo, cooperación. Plataformas alternativas de creación. Creación y redes sociales.”) e ademáis de presentar o cooperativismo como forma xurídica e a cooperativa como empresa cultural colectiva, discutimos sobre o individualismo artístico, as boas e malas prácticas e as diversas políticas culturáis (ou ausencia delas) que sustentan a cultura.

…e, como non podía ser doutro xeito, tamén aproveitamos para seguir difundindo #SaveGenderMuseum

#savegendermuseum

Graciñas pola invitación e o interese, encantadas de desvirtualizar a tanta xente e que fantástico coñecer novos proxectos tan interesantes! Seguimos traballando (en rede, ou, como sexa!)!

 

0 Comments

Leave a reply

Contáctanos

Intentaremos resolver as vosas dúbidas o antes posible!

Sending

(cc) 7H s. coop. galega // 7hcoop@7hcoop.es

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
or

Log in with your credentials

Forgot your details?

Saltar para a barra de ferramentas